Novas tecnoloxías

Proxecto Vindel


Hoxe 30 de novembro, rematamos a gravación do noso proxecto audiovisual co noso grupo de 4º da ESO. O Proxecto Vindel continúa agora, na súa fase final, a da edición e montaxe.

Hai dúas semanas comezamos un tedioso proceso de preprodución deste fermoso proxecto ao redor do Pergamiño Vindel e das cantigas de Martín Códax. Despois de moitas horas de gravación, guións, semella que o traballo vai dando froitos...
O Proxecto comezou a partir dun concurso da Consellería de Educación da Xunta de Galicia chamado Vindevídeos, e que propuña facer un vídeo coa temática das cantigas e do Pergamiño Vindel que está exposto nestes días no Museo do Mar de Vigo. 

Xa que nas nosas aulas de galego estabamos precisamente vendo os contidos da linguaxe audiovisual, decidimos mellorar un vídeo que fixeramos previamente sobre a mesma temática do Pergamiño. Ademais, pretendemos involucrar a materia de tecnoloxía para facermos o proceso de edición e de montaxe.

Por outra banda, alén dos contidos literarios e históricos que supón o achegamento á historia do Pergamiño e ás propias cantigas; o contacto coa linguaxe audiovisual e as súas carcterísticas, o traballo en equipo, a mellora das aptitudes poéticas, o manexo de programas de edición de vídeo e audio... serán, entre outros, as capacidades que estaremos traballando neste Proxecto Vindel.

Chegamos á ultima semana antes da entrega do vídeo.... chegaremos a tempo??? O día 11 de decembro é a data tope... Malo será!!

_________________________________________________________________________________

Benvida Pergamiño Vindel


Agardo que vos preste a nosa primeira creación audiovisual xuntxs!


  • Benvida ao Pergamiño Vindel no Colexio San Fernando Vigo (4º da ESO)




____________________________________________________________________________

Youtubeir@s


En primeiro lugar déixovos un concurso de vídeos interesante que se celebrou o ano pasado para que vaiades collendo ideas de como traballar coas novas tecnoloxías...

O concurso chámase Youtubeir@s e neste vídeo podedes ver algunhas das instruccións para realizar as creacións audiovisuais.

Ide tomando nota!


_________________________________________________________________________________

Tecnoloxías da Información e Comunicación


Nesta páxina afondaremos nas posibilidades das TIC coa aprendizaxe da lingua galega. Por aquí achegaremos as web de interese, os programas que empregaremos e as diferentes instruccións para realizar os traballos individuais ou grupais onde as novas tecnoloxías sexan necesarias.

Ímolo pasar ben. Imos aprender!

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Exame Recuperación 3ª AV. (4º ESO)

Exame Recuperación 3ª AV. (4º ESO) Neste post podedes atopar o exame que realizamos o pasado día 4 de xuño sobre o temario da 3ª ava...