Lingua Galega 3ªESO

O pronome

Ao comezo desta 3º avaliación andivemos ás voltas co tema dos pronomes persoais tónicos e átonos.
Tamén incidimos na colocación do pronome átono e coñecemos o que son o dativo de interese e o de solidariedade en galego.

Deixo por aquí unha Unidade Didáctica relacionada cos pronomes en galego:



_________________________________________________________________________________

Tipos de frases e determinantes

Nestas últimas aulas estivemos vendo as diferentes tipos de frases (substantivas, adxectivas, adverbiais) e os diferrntes tipos de determinantes. 

Deixo por aquí algús sitios web onde podedes completar esta información.

Wikibooks. Curso de Lingua Galega. Os determinantes: https://gl.wikibooks.org/wiki/Curso_de_lingua_galega/Os_determinantes






Léxico da bicicleta


Xa que hoxe tivemos a visita do Club Ciclista Teis, déixovos por aquí un pouquiño de léxico relacionado co mundo da bicicleta...

A palabra da esquerda é a forma en castelán e a da dereita a forma (ou formas) correspondente en galego. 

As iniciais que siguen a cada palabra en castelán refírense á clase de palabra que é. 

Por exemplo:
  1. as iniciais s.m. significan substantivo masculino
  2. as iniciais v.t. verbo transitivo
  3. etc
Hai que reparar que en moitos casos ao pasar a palabra ao galego prodúcese un cambio de xénero:

Exemplos:
  • el antidóping = a antidopaxe
  • o omoplato = a omoplato
  • el kilometraje = a quilometraxe
  • etc


O documento co léxico da bicileta vai na seguinte ligazón: https://docs.google.com/document/d/1DIIo3EGCHfE9C0lFYH5yplUCLphTm-yhuzRQWGVO6No/edit


_________________________________________________________________________________

Linguas do mundo


Para comezar esta viaxe, faremos unha pequena introdución achegándonos ás diferentes linguas do mundo e ao concepto de lingua minoritaria. Para iso, este vídeo emitido no programa Ben falado da TVG, pode ser un bo inicio para comprendermos mellor a necesidade de falar a nosa lingua.





Ningún comentario:

Publicar un comentario

Exame Recuperación 3ª AV. (4º ESO)

Exame Recuperación 3ª AV. (4º ESO) Neste post podedes atopar o exame que realizamos o pasado día 4 de xuño sobre o temario da 3ª ava...