Literatura Galega 4ª ESO



Pergamiño Vindel 


Nas nosas aulas de 4º da ESO, traballamos con textos recollidos no Pergamiño Vindel, que estes días chegou á nosa cidade (Museo do Mar) por primeira vez na súa historia dende que foi descuberto, aló polo ano 1914. 


Asemade, coñecemos a historia deste documento tan especial e importante para as nosas letras, dende a súa descuberta, a súa historia ou as súas peculiaridades (como as anotacións musicais). Por outra banda, tamén descubrimos algo máis sobre a (escasa) biografía de Martín Códax,  xograr galego que probablemente fose natural da contorna do que hoxe coñecemos como Concello de Vigo.

Deixo por aquí a ligazón aos documentos cos que traballamos na aula: http://bit.ly/2zRsDqm




_________________________________________________________________________________

Períodos da Literatura Galega


Este ano comezamos os nosos contidos de literatura galega repasando un pouco as diferentes etapas en que se divide a historia da literatura galega, comezando pola Literatura profana Galaico-portuguesa das cantigas ata chegarmos ás últimas xeracións onde se atopan os autores e autoras máis contemporáneas.

Para sabermos máis do que nos conta o noso libro de texto sobre o tema, deixo por aquí un artigo da escritora Mercedes Queixas Zas onde fai un repaso polas deiferentes épocas e autores da nosa literatura.

Breve historia da Literatura Galega, Mercedes Queixas Zas: http://www.aelg.org/resources/centrodoc/members/paratexts/pdfs/autor70/PT_paratext2473.pdf



_________________________________________________________________________________

María Victoria Moreno



En primeiro lugar, comezaremos coñecendo algo máis sobre a homenaxeada este ano nas Letras Galegas: María Victoria Moreno.

María Victoria Moreno




Ningún comentario:

Publicar un comentario

Exame Recuperación 3ª AV. (4º ESO)

Exame Recuperación 3ª AV. (4º ESO) Neste post podedes atopar o exame que realizamos o pasado día 4 de xuño sobre o temario da 3ª ava...