Literatura Galega 3ª ESO

Lírica profana galaico-portuguesa

Esta semana que vén, nas nosas aulas de 3º ESO achegarémonos á lírica trobadoresca galaico-portuguesa, un dos momentos de máximo esplendor das nosas letras que se produciu entre os séculos XII-XIV. 

En 1º lugar faremos unha contextualización histórica para coñecermos os conceptos de feudalismo e vasalaxe, imprescindibles para coñecer a sociedade da época que nos transmiten nas cantigas.

Para ter máis información déixovos o primeiro programa do ciclo Falemos de Literatura, conducido pola profesora Pilar Freitas, abordando o tema das Cantigas de amigo e amor.


_________________________________________________________________________________

O Pergamiño Vindel


O Pergamiño Vindel
Este ano achegarémonos, entre outras cousas, á literatura medieval galaico - portuguesa, e en concreto á lírica trobadoresca dos séculos XII-XIII-XIV. Entre as composicións que sobreviviron a esa época está un pequeno pergamiño atopado a comezos do século pasado chamado o Pergamiño Vindel

Este pergamiño datado a finais do século XIII ou principios do XIV, contén as sete cantigas de amigo de Martín Códax nas que o trobador galego canta a Vigo e ao seu mar. Esta é a primeira vez que o pergamiño abandona Nova York desde que foi depositado no Morgan Library Museum e a primeira vez que volve a Galicia dende que foi descuberto.

Ademais, este ano faremos unha visita guiada ao Museo do Mar para vermos esta xoia da nosa literatura, considerada unha das máis importantes de toda a literatura universal.


Déixovos varias ligazóns onde poderedes atopar información sobre a chegada do Pergamiño Vindel.
  • Xornal Praza: "O 'Pergamiño Vindel' xa viaxa camiño de Vigo"
  • Galicia Confidencial: "Chega a Galicia o Pergamiño Vindel, a "biblia" do galego-portugués"
  • TVG: "O Pergamiño Vindel xa está en Vigo"

Tamén deixo aquí información sobre que é o Pergamiño Vindel, cando foi atopado e as cantigas que contén no seu interior:
  • Historia de Galicia "A historia do Pergamiño Vindel, un dos ADNs da lingua galega"
http://historiadegalicia.gal/2017/08/historia-pergamino-vindel-dos-adns-da-lingua-galega/


________________________________________________________________________________

Períodos da Literatura Galega


Este ano comezamos os nosos contidos de literatura galega repasando un pouco as diferentes etapas en que se divide a historia da literatura galega, comezando pola Literatura profana Galaico-portuguesa das cantigas ata chegarmos ás últimas xeracións onde se atopan os autores e autoras máis contemporáneas.

Para sabermos máis do que nos conta o noso libro de texto sobre o tema, deixo por aquí un artigo da escritora Mercedes Queixas Zas onde fai un repaso polas deiferentes épocas e autores da nosa literatura.

Breve historia da Literatura Galega, Mercedes Queixas Zas: http://www.aelg.org/resources/centrodoc/members/paratexts/pdfs/autor70/PT_paratext2473.pdf

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Exame Recuperación 3ª AV. (4º ESO)

Exame Recuperación 3ª AV. (4º ESO) Neste post podedes atopar o exame que realizamos o pasado día 4 de xuño sobre o temario da 3ª ava...